sábado, 10 de junio de 2017

TURONIA 2017- DÍA 2

Comezaron o día os nenos e nenas de sexto curso do concello de Tomiño cun gran almorzo no comedor do noso colexio, almorzo que prepararon e serviron as nais colaboradoras do noso comedor e voluntarias da ANPA.
Despois do almorzo tomaron rumbo ao río Pego e alí fixeron unha análise da calidade das augas deste río.
Seguiron rumbo a parroquia de Estás ata o castelo dos Medos, onde recIbiron unha pequena explicación, despois da cal partiron rumbo a Figueiró.
Xa en Figueiró xantaron e colleron un autobús que os levou ata o río Miño en Goián.
E remataron a xornada, como xa é habitual ano a ano, nas dependencia do Club Deportivo Miño-Teixugos onde algúns tiveron o seu primeiro contacto co mundo do caiac e outros e outras presumiron de destrezas na auga  ao ser xa membros do club.
Fotos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario