martes, 21 de junio de 2016

PEQUETURONIA 5º CURSO

      Hoxe 5º curso tivo o seu Pequeturonia nun día cheo de calor. Saíron do colexio ata o Camiño Novo, e de alí ao Barro onde estudaron as partes dun cruceiro. Despois puxeron rumbo a San Salvador de Tebra onde admiraron o seu carballo bicentenario. De aquí encamiñáronse hacia os muíños do Porto, onde repasaron as partes dun muíño de auga. Ao longo de toda a ruta estiveron estudando o nome dalgunhas plantas emblemáticas: cicuta, digitalis, estrugas,...
 

lunes, 20 de junio de 2016

PEQUETURONIA DE 3º E 4º

Despois das chuvias da semana pasada, hoxe por fin bo tempo para un novo Pequeturonia, esta vez de 3º e 4º curso. Fixeron un anaquiño do camiño de Santiago. Aprenderon algo de toponimia, a razón pola que Pousadela e Hospital teñen eses nomes.
Repasaron as partes dun cruceiro, e logo a disfrutar no río da Pedra merendando e xogando.

jueves, 16 de junio de 2016

PEQUETURONIA 1º E 2º CURSO

Despois dos maiores tocoulle o turno aos máis pequenos, que como cada ano luciron as suas camisetas e gorras nun recorrido pola localidade. Este ano foron visitar a marabillosa paraxe dos muíños da Regueira.
Durante todo o camiño foron atentos e conseguiron localizar dous cruceiros e dous petos, logo pararon un par de veces para observar especies vexetais autóctonas: carballo, castiñeiro, loureiro e sobreira. Tamén falamos das especies vexetais invasoras.
Pero o que máis lles gustou foi subir monte arriba para disfrutar dos muíños da Regueira.
 

TURONIA 2016



    Este ano o Turonia estivo centrado no monte da Pedrada ou Madanela. Nenas e nenos de 6º estudaron sobre o terreo gran cantidade de cousas axudados dun caderniño preparado para a ocasión: Os picos máis importantes que se poden ver dende a Pedrada, as mámoas de Vilachán do Monte, minerais, plantas e animais desa zona, ...
     Visitamos o barrio de Cristelos onde andou escondido Antón Alonso Ríos. Tamén estudamos a calidade das augas do río Pego analizando os seus macroinvertebrados.
     E coma sempre pechamos co tradicional paseo en piragua no río Miño organizado polo Club Deportivo Miño-Teixugos.