sábado, 10 de junio de 2017

PEQUETURONIA 1º E 2º

Os máis pequenos do colexio tamén tiveron o seu Pequeturonia. Ao longo dun percorrido duns 5 km, e seguindo as pistas que lle foi deixando ao longo do camiño a fada Epona, aprenderon a recoñecer algunha das nosas árbores autóctonas: carballo, sobreira, castiñeiro e freixo; e tamén escoitaron e aprenderon sobre a maxia dos cruceiros e petos de ánimas.
A andaina transcurriu polos barrios do Xibao, Santa Rosa e o Cotro, nela nenos e nenas tiveron ocasión de ver árbores de todo tipo, pero tamén o pazo, os muíños e a levada do  Brosque e os petos e cruceiros do barrio do Cotro.
Por certo, a fada Epona tamén foi deixando ao longo do camiño bolsiñas con pedras máxicas para todos os nenos e nenas. Unha xornada do máis emocionante!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario