viernes, 5 de junio de 2015

TURONIA 2015

Este ano participaron no Turonia todo o alumnado de sexto curso do concello de Tomiño.

 A saída comezou o xoves 4 de xuño no colexio de Sobrada. Desde aí saíron cara ao xacemento romano de Currás para camiñar despois ata a antiga escola Unión del Porvenir que se atopa no límite de Taborda e Piñeiro. Esta é unha das tres escolas construídas por emigrantes a principios do século pasado que visitarán os nenos. Alí recibiron unha charla de Xosé Manuel Malheiro, un experto nas das escolas de emigrantes, tema do que xa leva escrito varios libros.

Rematada a visita da escola camiñaron ata o río da Pedra onde xantaron.

Pola tarde visitaron a escola Aurora, tamén construída por emigrantes. Alí recibiron a visita do pintor Mario Rodríguez, fillo de Francisco Rodríguez, un dos fundadores desta escola e que foi asasinado na guerra civil.

Rematada esta visita dirixíronse ao CEP Pedro Caselles, onde cearon, xogaron con escuma, bailaron e durmiron(un pouquiño).

O venres almorzaron e camiñaron ata a terceira das escolas indianas, a Fundación Peirópolis de Estás, alí visitaron a aula museo, onde recibiron explicacións de Manuel Garcés e dos pequenos da aula de Infantil. Despois outra camiñata ata chegar a Figueiró, onde xantaron.
Rematado o xantar un autobús acercounos a Goián onde visitaron a aula-museo Pintor Antonio Fernández.
E despois unha última andaina ata o río Miño, onde agardaban, como xa é tradición, os Teixugos para rematar o Turonia cun paseo en kaiak polo río.


 
 

miércoles, 18 de junio de 2014

PEQUE-TURONIA 2014

A marea verde do Caselles voltou a ateigar os camiños. Desta vez fomos acompañando ao pai Miño. Fixemos o paseo fluvial e rematamos na marabillosa Fortaleza de Goián. Alí aos maiores explicáronlles cousas desta fortaleza e os máis pequenos xogamos e estudamos a vexetación á sombra dos carballos do foso.

TURONIA 2013

TURONIA: A PELÍCULA

Os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB xuntámonos todos e fixemos unha peli de debuxoas animados que nos quedou chulísima.

PEQUE-TURONIA 2013

A auga doce, o tesouro máis grande que temos, a auga é vida, a vida é auga. Por iso este ano decidimos facer un gran Turonia adicado a auga. Fomos todos a Estás, nunha gran camiñata, incluso se apuntaron os maiores de sexto e un cadeliño que fixo todo o camiño con nós. Unha gran marea verde, como podedes ver nas fotos, invadiu as ruas de Tomiño. Primeiro fomos a Casa do Pobo de Estás onde Rafael Carrera contounos moitas cousas: falounos da importancia da auga, das rabilargas e das ras roxas que nos indican que a auga e potable, ensinounos unhas rabilargas e moitas cousas máis. Despois saímos cara as fontes da traída de augas de Estás e ao "Delirio do Poderoso", un lugar no que disfrutamos da natureza, da auga e do arte. Todo o camiño nos estiveron axudando varias persoas da Traída de Augas de Estás e Protección Civil, a todos eles lle queremos dar as grazas.

TURONIA 2012

Os días 7 e 8 de xuño de 2012 realizamos a saída de 6º.
Participaron os colexios de Tebra, Barrantes e Pedro Caselles,  cun total de 68 alumnos e alumnas, acompañados por 8 mestras/es.
Nesta ocasión comezamos no monte Tetón, no lugar dos petroglifos onde Xosé Lois Vilar nos falou do patrimonio que temos neste lugar, charla que durou ata onde a choiva quixo que durara.
Logo seguimos camiñando cara o Sur pola ladeira do monte, achegándonos a San Salvador.
Alí estivemos no lugar denominado "O Castro",  e logo  baixamos ata a igrexa desta parroquia.
Dende alí atravesamos o val e fomos a Vilameán, lugar onde tomamos o xantar.
Pola tarde visitamos os muiños do Porto, e logo escoitamos a lenda da pedra longa.  Máis tarde viaxamos ata Barrantes, no recinto do pavillón deportivo, e alí nos instalamos para pasar a noite.
Houbo moito baile esa noite!
Pola mañá, logo do almorzo, emprendemos camiño polo val do Pego cara Vilachán; dalí a Estás e Figueiró, onde comemos.
Xa pola tarde, camiño a Goián, para chegar ao embarcadoiro, ao pé do Forte de San Lorenzo, e realizar alí a actividade de iniciación ao piragüismo, da man dos "Teixugos".