miércoles, 18 de junio de 2014
PEQUE-TURONIA 2013
A auga doce, o tesouro máis grande que temos, a auga é vida, a vida é auga.
Por iso este ano decidimos facer un gran Turonia adicado a auga. Fomos todos a Estás, nunha gran camiñata, incluso se apuntaron os maiores de sexto e un cadeliño que fixo todo o camiño con nós.
Unha gran marea verde, como podedes ver nas fotos, invadiu as ruas de Tomiño. Primeiro fomos a Casa do Pobo de Estás onde Rafael Carrera contounos moitas cousas: falounos da importancia da auga, das rabilargas e das ras roxas que nos indican que a auga e potable, ensinounos unhas rabilargas e moitas cousas máis.
Despois saímos cara as fontes da traída de augas de Estás e ao "Delirio do Poderoso", un lugar no que disfrutamos da natureza, da auga e do arte.
Todo o camiño nos estiveron axudando varias persoas da Traída de Augas de Estás e Protección Civil, a todos eles lle queremos dar as grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario