E por fin o gran acontecemento, 6º tivo o seu Turonia, seis anos esperando por isto! Xuntámonos todo o alumnado de sexto do Concello de Tomiño!
Comezamos o xoves en Pinzás, no Chan do Cereixo onde vimos o nacemento do río da Pedra e descubrimos que os primeiros Tomiñeses viviron alí fai moitos miles de anos, no paleolítico. Despois gran camiñata ata Vilachán do Monte. Paramos a comer, socializar e xogar na Campuzada. E nova camiñada ata o colexio de Barrantes.
Alí nos agardaban unha ducha e as tendas. Cea e espectáculo musical a cargo de Lara Villaverde e "A resaca de Massiel" que de forma desinteresada nos fixeron bailar e cantar ata a madrugada. Logo todos a durmir (Isto foi o máis complicado de todo!)
E o venres foi o día da bicicleta, de Barrantes ata o río da Pedra, parada e experimentos no río, de novo as bicicletas, e ata o Espazo Fortaleza onde xantamos. Pola tarde paseo en piragua polo Miño coa axuda dos "Teixugo" e logo volta ao Caselles en bicicleta. Chegamos nós e chegou a tormenta! Un Turonia perfecto!!!
Agradecer as familias pola colaboración na montaxe de tendas, as ANPAS pola axuda nas comidas, a Comunidade de Montes de Tomiño por financiar as camisetas, ao Club Deportivo Miño-Teixugos polo paseo polo Miño e a Lara Villaverde e Eder González por amenizarnos a noite de forma desinteresada.
Para ver máis fotos, preme na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario