Hoxe nenas e nenos de 1º e 2º curso fixeron o seu Turonia. Comezaron o seu camiño guiados pola fada das árbores Epona que lles foi deixando pistas e pulseiras máxicas ao longo de toda a andaina.
Grazas esta fada nenas e nenos aprenderon un pouquiño máis da maxia das pedras, que está nos petos e cruceiros, e da maxia das árbores, sobre todo aprenderon a recoñecer carballos, sobreiras e castiñeiros, unhas árbores tan máxicas que hasta son quen de apagar o lume dos nosos bosques!
Tamén visitamos os muíños da Regueira, andiveron kilómetros e kilómetros, e sabedes que,... non se cansaron nin un pouquiño!
Para ver as imaxes preme AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario