Despois dos maiores tocoulle o turno aos máis pequenos, que como cada ano luciron as suas camisetas e gorras nun recorrido pola localidade.
Este ano foron visitar a marabillosa paraxe dos muíños da Regueira.
Durante todo o camiño foron atentos e conseguiron localizar dous cruceiros e dous petos, logo pararon un par de veces para observar especies vexetais autóctonas: carballo, castiñeiro, loureiro e sobreira. Tamén falamos das especies vexetais invasoras.
Pero o que máis lles gustou foi subir monte arriba para disfrutar dos muíños da Regueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario