Turonia
jueves, 13 de junio de 2024
TURONIA 1º CICLO
sábado, 8 de junio de 2024
TURONIA 2024
E por fin o gran acontecemento, 6º tivo o seu Turonia, seis anos esperando por isto! Xuntámonos todo o alumnado de sexto do Concello de Tomiño!
Comezamos o xoves en Pinzás, no Chan do Cereixo onde vimos o nacemento do río da Pedra e descubrimos que os primeiros Tomiñeses viviron alí fai moitos miles de anos, no paleolítico. Despois gran camiñata ata Vilachán do Monte. Paramos a comer, socializar e xogar na Campuzada. E nova camiñada ata o colexio de Barrantes.
Alí nos agardaban unha ducha e as tendas. Cea e espectáculo musical a cargo de Lara Villaverde e "A resaca de Massiel" que de forma desinteresada nos fixeron bailar e cantar ata a madrugada. Logo todos a durmir (Isto foi o máis complicado de todo!)
E o venres foi o día da bicicleta, de Barrantes ata o río da Pedra, parada e experimentos no río, de novo as bicicletas, e ata o Espazo Fortaleza onde xantamos. Pola tarde paseo en piragua polo Miño coa axuda dos "Teixugo" e logo volta ao Caselles en bicicleta. Chegamos nós e chegou a tormenta! Un Turonia perfecto!!!
Agradecer as familias pola colaboración na montaxe de tendas, as ANPAS pola axuda nas comidas, a Comunidade de Montes de Tomiño por financiar as camisetas, ao Club Deportivo Miño-Teixugos polo paseo polo Miño e a Lara Villaverde e Eder González por amenizarnos a noite de forma desinteresada.
Para ver máis fotos, preme na imaxe
lunes, 28 de junio de 2021
viernes, 11 de junio de 2021
TURONIA 1º E 2º
Hoxe foi un gran día para as nenas e nenos de 1º e 2º curso. Hoxe fixeron o seu Pequeturonia.
Coas súas flamantes camisetas novas, e as gorriñas verdes nenas e nenos fixeron un anaquiño do camiño de Santiago, concretamente entre o Mosteiro e Estás. Polo camiño fixéronse expertos en petos e cruceiros, tamén aprenderon moitas cousas sobre o camiño de Santiago, sobre o apóstol e sobre Prisciliano.
Despois como remate de xornada foron descansar e xantar nas sombras dos muíños da Gandariña.
E como remate, voltaron ao colexio no tren chuchú.
Unha experiencia inolvidable!!!
Para ver tódalas fotos, premede AQUÍ.
lunes, 7 de junio de 2021
TURONIA 2021
Como xa ven sendo habitual neste curso, o coronavirus, tamen determinou o noso Turonia deste ano. Non foi o habitual de dous días nos que nenas e nenos de 6º de todo o concello se reunen para facer esta mega-actividade, pero no CEP Pedro Caselles non quixemos renunciar a esta emblemática saída.Se queres ver tódalas fotos, preme AQUÍ
Ao longo dunhas doce horas o alumnado de sexto non parou de percorrer os camiños do Concello. As dez da mañá partiron a pé para facer unha ruta circular na que se familiarizaron co manexo de mapas, coa orientación, co estudo da flora e da fauna, estudo da calidade da auga do río Pego...todo traballado a través dun cuaderniño que se lles facilitou ao saír.
Xa de volta no colexio aroveitaron para xantar e descansar.
As catro tocoulle o turno as bicicletas cunha ruta ata o embarcadeiro de Goián, onde tiveron unha experiencia inolvidable cos piraguas, grazas a actividade que para eles organizou o Club Deportivo Miño-Teixugos
E xa como remate, un último esforzo e volta ao colexio en bicicleta.
Agradecer a axuda a Discamino que colaborou cunha bicicleta especial para que todos puideran facer a ruta en bicicleta, ao Club Deportivo Miño por organizar a xa emblemática actividade das piraguas, a comunidade de Montes de Tomiño pola donación das camisetas e gorras e aos ciclistas "profesionais" que nos acompañaron e nos axudaron coa súa experiencia e saber.
jueves, 20 de junio de 2019
Peque Turonia 3º e 4º Primaria
Despois de estar pendentes das partes meteorolóxicas e de que si , de que non, de que se suspende..... por fin, puidemos realizar esta saída no día de hoxe. O tempo foi moi bo e os camiños foron transitables.
Os nenos e nenas fixeron a súa andaina dende o Caselles, pasando por Hospital, realizando unha parada neste lugar e no hotel canino cara ó rio da Pedra, onde rematamos de camiñar; para descansar, comer e xogar.
Finalmente, voltamos ao colexio pola estrada que vai cara o centro de saúde e cruzamos o Seixo para chegar finalmente para comer, ao cole.
viernes, 14 de junio de 2019
TURONIA DE 1º E 2º
Ao longo do camiño aprenderon a recoñecer carballos, castiñeiros e sobreiras, as árbores favoritas da fada porque, como ela lles contou, axudan a que os lumes se apaguen.
Tamén viron bosques que arderon e observaron que todos eran de piñeiros e eucaliptos.
Aproveitando o camiño, a fada faloulles das pedras, da maxia dos petos e cruceiros, e dos antigos muíños de auga, que xa non funcionan pero que son importantes pola súa antigüidade. Os muíños do Brosque foron feitos no 1732, iso non llo dixo a fada, que o viron eles mesmos escrito na pedra.
Para ver tódalas imaxes premer AQUÍ