miércoles, 18 de junio de 2014

PEQUE-TURONIA 2012

TURONIA 1º CICLO
Este ano o Turonia do 1º Ciclo estivo adicado as àrbores autóctonas e as herbas de San Xoan.
O luns 18 de xuño o primeiro ciclo saiu rumbo ao Xibao ata O Cotro, polo camiño estudáronse varias árbores autóctonas e buscaron algunhas das herbas de San Xoan, tamén aproveitaron para ver o pazo e os muíños do Brosque e a fonte do Cotro. Despois dunha boa merenda, no camiño de volta recordaron algunhas das cousas acerca de cruceiros e petos aprendidas o ano anterior.




TURONIA 2º CICLO
Este mesmo día tamén se realizou a saída do segundo ciclo, que fixo un anaco do Camiño de Santiago que pasa polo noso colexio:  Mosteiro-Seixo- Barro-Hospital.  Dalí irán ao lugar de A Pedra, no río Cereixo, onde haberá un descanso para continuar camiño cara o colexio.

TURONIA 5º
O martes foi o turno dos de 5º, que fixeron unha saída a Vilameán, aos muíños do Porto,  lugar no que viviron a experiencia do funcionamento dun muíño de auga tradicional.



No hay comentarios:

Publicar un comentario