miércoles, 18 de junio de 2014
PEQUE-TURONIA 2014
A marea verde do Caselles voltou a ateigar os camiños. Desta vez fomos acompañando ao pai Miño. Fixemos o paseo fluvial e rematamos na marabillosa Fortaleza de Goián. Alí aos maiores explicáronlles cousas desta fortaleza e os máis pequenos xogamos e estudamos a vexetación á sombra dos carballos do foso.
TURONIA: A PELÍCULA
Os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB xuntámonos todos e fixemos unha peli de debuxoas animados que nos quedou chulísima.
PEQUE-TURONIA 2013
A auga doce, o tesouro máis grande que temos, a auga é vida, a vida é auga.
Por iso este ano decidimos facer un gran Turonia adicado a auga. Fomos todos a Estás, nunha gran camiñata, incluso se apuntaron os maiores de sexto e un cadeliño que fixo todo o camiño con nós.
Unha gran marea verde, como podedes ver nas fotos, invadiu as ruas de Tomiño. Primeiro fomos a Casa do Pobo de Estás onde Rafael Carrera contounos moitas cousas: falounos da importancia da auga, das rabilargas e das ras roxas que nos indican que a auga e potable, ensinounos unhas rabilargas e moitas cousas máis.
Despois saímos cara as fontes da traída de augas de Estás e ao "Delirio do Poderoso", un lugar no que disfrutamos da natureza, da auga e do arte.
Todo o camiño nos estiveron axudando varias persoas da Traída de Augas de Estás e Protección Civil, a todos eles lle queremos dar as grazas.
TURONIA 2012
Os días 7 e 8 de xuño de 2012 realizamos a saída de 6º.
Participaron os colexios de Tebra, Barrantes e Pedro Caselles, cun total de 68 alumnos e alumnas, acompañados por 8 mestras/es.
Nesta ocasión comezamos no monte Tetón, no lugar dos petroglifos onde Xosé Lois Vilar nos falou do patrimonio que temos neste lugar, charla que durou ata onde a choiva quixo que durara.
Logo seguimos camiñando cara o Sur pola ladeira do monte, achegándonos a San Salvador.
Alí estivemos no lugar denominado "O Castro", e logo baixamos ata a igrexa desta parroquia.
Dende alí atravesamos o val e fomos a Vilameán, lugar onde tomamos o xantar.
Pola tarde visitamos os muiños do Porto, e logo escoitamos a lenda da pedra longa. Máis tarde viaxamos ata Barrantes, no recinto do pavillón deportivo, e alí nos instalamos para pasar a noite.
Houbo moito baile esa noite!
Pola mañá, logo do almorzo, emprendemos camiño polo val do Pego cara Vilachán; dalí a Estás e Figueiró, onde comemos.
Xa pola tarde, camiño a Goián, para chegar ao embarcadoiro, ao pé do Forte de San Lorenzo, e realizar alí a actividade de iniciación ao piragüismo, da man dos "Teixugos".

PEQUE-TURONIA 2012
TURONIA 1º CICLO
Este ano o Turonia do 1º Ciclo estivo adicado as àrbores autóctonas e as herbas de San Xoan.O luns 18 de xuño o primeiro ciclo saiu rumbo ao Xibao ata O Cotro, polo camiño estudáronse varias árbores autóctonas e buscaron algunhas das herbas de San Xoan, tamén aproveitaron para ver o pazo e os muíños do Brosque e a fonte do Cotro. Despois dunha boa merenda, no camiño de volta recordaron algunhas das cousas acerca de cruceiros e petos aprendidas o ano anterior.
TURONIA 2º CICLO
Este mesmo día tamén se realizou a saída do segundo ciclo, que fixo un anaco do Camiño de Santiago que pasa polo noso colexio: Mosteiro-Seixo- Barro-Hospital. Dalí irán ao lugar de A Pedra, no río Cereixo, onde haberá un descanso para continuar camiño cara o colexio.
TURONIA 5º
O martes foi o turno dos de 5º, que fixeron unha saída a Vilameán, aos muíños do Porto, lugar no que viviron a experiencia do funcionamento dun muíño de auga tradicional.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)