miércoles, 21 de junio de 2017

TURONIA 3º E 4º

E hoxe rematamos os Turonias deste curso. Os últimos en facer a xa tradicional andaina foi o alumnado de 3º e 4º curso. Fixeron a súa camiñata dende o Caselles a Lameira, despois Hospital onde visitaron o antigo hospital de peregrinos e remataron no río da Pedra, onde estiveron facendo varios xogos. A volta tamén foi, como non podería ser de outra maneira, no tren "Chu-Chu".
Para ver tódalas fotos preme AQUÍ



 

TURONIA DE 5º

Este martes foi a quenda dos nenos e nenas de 5º de facer o seu Turonia. Nesta ocasión foi unha ruta andando dende o Caselles aos muíños do Porto, en Vilameán. Alí puideron ver como funcionaban os antigos muíños de auga, incluso trouxeron fariña para a casa.
E para a volta disfrutaron da alegría dun paseo no tren "Chu-Chu", e menos mal, porque a calor non facía doada unha volta a pé.
Para ver tódalas fotos preme AQUÍ




sábado, 10 de junio de 2017

PEQUETURONIA 1º E 2º

Os máis pequenos do colexio tamén tiveron o seu Pequeturonia. Ao longo dun percorrido duns 5 km, e seguindo as pistas que lle foi deixando ao longo do camiño a fada Epona, aprenderon a recoñecer algunha das nosas árbores autóctonas: carballo, sobreira, castiñeiro e freixo; e tamén escoitaron e aprenderon sobre a maxia dos cruceiros e petos de ánimas.
A andaina transcurriu polos barrios do Xibao, Santa Rosa e o Cotro, nela nenos e nenas tiveron ocasión de ver árbores de todo tipo, pero tamén o pazo, os muíños e a levada do  Brosque e os petos e cruceiros do barrio do Cotro.
Por certo, a fada Epona tamén foi deixando ao longo do camiño bolsiñas con pedras máxicas para todos os nenos e nenas. Unha xornada do máis emocionante!!!

TURONIA 2017- DÍA 2

Comezaron o día os nenos e nenas de sexto curso do concello de Tomiño cun gran almorzo no comedor do noso colexio, almorzo que prepararon e serviron as nais colaboradoras do noso comedor e voluntarias da ANPA.
Despois do almorzo tomaron rumbo ao río Pego e alí fixeron unha análise da calidade das augas deste río.
Seguiron rumbo a parroquia de Estás ata o castelo dos Medos, onde recIbiron unha pequena explicación, despois da cal partiron rumbo a Figueiró.
Xa en Figueiró xantaron e colleron un autobús que os levou ata o río Miño en Goián.
E remataron a xornada, como xa é habitual ano a ano, nas dependencia do Club Deportivo Miño-Teixugos onde algúns tiveron o seu primeiro contacto co mundo do caiac e outros e outras presumiron de destrezas na auga  ao ser xa membros do club.
Fotos:

jueves, 8 de junio de 2017

TURONIA 2017- DÍA 1

Rematou o primeiro día deste Turonia 2017. Día intenso e cheo de experiencias. Participaron tódolos nenos e nenas de sexto curso de Tomiño: CEIP de Sobrada, CEIP de Tebra, CEIP de Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández e por suposto o CEP Pedro Caselles.
Visita ao Monte Tetón, visita a Veraleza, exhibición cabalar no río da Pedra e para rematar o día sesión distoteca. Toda unha experiencia para os nenos e nenas de Tomiño!
Fotos:
SAÍDA
TETÓN
VERALEZA
A PEDRA 
HOSPITAL

Esta experiencia contribúe a un maior coñecemeno da nosa conorno natural, social e histórica. Para iso, os nenos e nenas de 6º ademais de desfrutar da experiencia; tiñan o seguinte caderno de traballo. Este ano co lema; TURONIA POLO CAMIÑO.




 
https://goo.gl/photos/fKR45ebNAfbmBwZq5