miércoles, 11 de junio de 2025

PEQUE TURONIA 2025

O alumnado de 1º a 5º tivo hoxe o seu Pequeturonia, que este ano fixemos todos xuntos. A andaina foi polo Xibao, Santa Rosa e o Cotro.
 Tivemos a oportunidade de ver pequenos anacos do bosque autóctono galego, sentir a súa humidade e frescor e comparalo cos piñeirais.
    Vimos tamén unha levada de moitos kilómetros, o Pazo e os muíños do Brosque e a fonte do Cotro.
    Pechamos o percorrido coa visita aos dous petos de ánimas e dous cruceiros e aproveitamos a ocasión para falar da maxía antiga nalgunhas pedras de Galicia.
    As nenas e nenos de 5º fixeron unha reportaxe fotográfica que poderedes ver premendo na imaxe.